A Asociación Galega de Editoras lamenta o pasamento de Xabier P. Docampo
- O 26/06/2018
A Asociación Galega de Editoras lamenta o pasamento do escritor lucense Xabier P. Docampo e quere trasladar as súas condolencias á familia e amizades. Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil en 1994 por Cando petan na porta pola noite (Xerais), foi un dos grandes renovadores da literatura infantil e xuvenil.