A Editorial Galaxia presenta “O soño da serpe”, de Antonio Seijas
- O 12/03/2019
O acto de presentación de O soño da serpe (da colección Costa Oeste, de Galaxia) terá lugar o 15 de marzo, ás 20:00h. na Alianza Aresana (Ares). Participará o autor, Antonio Seijas, xunto co director xeral de Galaxia, Francisco Castro e a concelleira de Cultura, Alma Barrón.