Acto de entrega do XI PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO
- O 19/11/2018
FRAN PINTADERA E CHRISTIAN INARAJA RECIBEN ESTE MÉRCORES O PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA POR “CÁNDIDO E OS DEMAIS”
Os autores de “Cándido e os demais”, Fran Pintadera e Christian Inaraja, recibirán este mércores, no Pazo de Raxoi, o XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado como autores desta obra sobre o tratamento da diversidade e da diferenza. O libro está publicado por KALANDRAKA en sete linguas, as cinco peninsulares, inglés e italiano.
Salón Nobre do Pazo de Raxoi
Mércores, 21 de novembro ás 19:30h