Baía Edicións convoca o I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
- O 09/03/2018
Poderán concorrer ao premio autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega conforme á normativa vixente.
As obras deberán atender ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa en calquera dos seus aspectos, introducindo elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante.
O premio, que poderá quedar deserto se a calidade das obras non fose estimábel, considerará unha única obra gañadora, á que se lle asigna unha dotación económica de 5.000 euros.
O prazo de recepción de orixinais remata o 2 de abril de 2018.
Bases premio: http://baiaedicions.gal/pdf/BasesPremioFina.pdf
Máis información: baiaedicions.gal