Baía Edicións convoca o II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
- O 11/03/2019
Convocado o II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, co que Baía Edicións pretende promocionar obras que atendan ao concepto de literatura infantil inclusiva en calquera dos seus aspectos e que introduzan elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante.
Na edición 2018 do premio, na que iniciou a súa andaina, resultaron gañadoras ex aequo as obras: A reconquista, de Antía Yáñez e Vermella, de Sabela Losada Cortizas.