Baía Edicións presenta “Alma. Un sopro de aire fresco”, de José Lorenzo, o 1 de febreiro no Numax
- O 30/01/2018
Baía Edicións presenta a novela Alma. Un sopro de aire fresco, da autoría do filósofo, ensaísta e escritor lucense, José Lorenzo Tomé, o xoves día 1 de febreiro, ás 20:00 horas, no Numax (R/ Concepción Arenal, 9, Santiago de Compostela)
No acto de presentación, Lorenzo Tomé estará acompañado polo tamén filósofo, ensaísta e profesor na Universidade da Coruña, Alberto Sucasas, que se encargará de facer un achegamento crítico á obra.