Baía Edicións presenta “A cova da Moura”, de Natalia Carou, en Boiro
- O 16/05/2017
Baía Edicións, Pousada das Ánimas e Barbantia teñen o pracer de convidar ao seu medio ao acto de presentación da novela A Cova da Moura (editada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira e ilustrada por Jose Gimeno), de Natalia Carou Figueira, que terá lugar hoxe, martes 16 de maio, a partir das 20:30 horas, na Pousada das Ánimas (Rúa Pablo Iglesias, 14 – Boiro).
No acto, ademais da autora, intervirán Suso Santamaría (A Pousada das Ánimas), Xoán Pastor Rodríguez (Asociación Cultural Barbantia) e Belén López Vázquez (Directora editorial de Baía Edicións), e contará co acompañamento do grupo musical Barahunda, integrado por Helena Alfonso e José Lara Gruñeiro, que interpretarán algunhas das pezas medievais incluídas no seu último álbum, Múdanse os Ventos.