Convocado o XI Premio Narrativa Breve Repsol
- O 06/07/2017
A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décima primeira edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, de acordo coas seguintes bases e antes do 24 de xullo de 2017.
A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto gañador. Estes dereitos corresponderanlle en exclusiva á Fundación Repsol. A novela premiada será publicada pola Editorial Galaxia segundo contrato de edición asinado para o efecto nos termos que acorden a Fundación Repsol e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.