Edicións Xerais de Galicia presenta “O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega”, de David Rodríguez
- O 11/04/2018
Edicións Xerais de Galicia presenta o xoves 12 de abril, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6, Compostela) o libro O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega de David Rodríguez. No acto acompañarán ao autor Daniel Salgado e Xosé Manuel Moo.