+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Baía Edicións

Baía Edicións

Baía Edicións desenvolve 29 coleccións dirixidas ao público Infantil e Xuvenil, que se concretaron nos máis de 300 títulos do actual catálogo infantil da editorial, algúns deles merecedores de premios. Nos proxectos dirixidos ao público infantil, tenta sempre combinar o carácter didáctico das coleccións (Os dereitos do neno e da nena, Carteira de valores, Contos da igualdade, Queremos saber, A aventura de vivir, Primeiros coñecementos de ciencia) con outros con predominio lúdico-literario (Rodribico, Mar de letras, Xiz de cor, Grandes clásicos adaptados, Fabulando, Contoxconto, Divírtete con… e Especialistas), todos eles cun importante contido visual.

No ano 2004 pon en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, que pretende ser un novo foro para autoras e autores que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación e do que depende, en boa medida, a supervivencia e futuro do galego como idioma de uso oral e escrito.
Desde os inicios aposta pola divulgación do medio natural, pois entende que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación. Aposta que se concreta na colección Baía Verde, guías da natureza galega ilustradas, alcanzando máis de 20 títulos, merecedores de varios premios, entre eles o de Mellor proxecto editorial pola Federación de Librerías de Galicia en 2013. Nas nosas guías xúntanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Calros Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo.

Promove unha colección de Gastronomía, iniciada coa obra de Nieves Feros Cociña caseira galega e que na actualidade conta con 9 títulos, algún deles premiados pola prestixiosa asociación internacional Gourmand.

Continúa coa publicación de Libros de Texto para ensino secundario e promove a creación de libros educativos electrónicos e da Aula Virtual de Baía.

Inicia a internacionalización da empresa e promove a venda de dereitos a outras linguas, que se concretou na publicación por outras empresas de diversas obras en catalá, eúscaro, castelán, francés e portugués. Promove a creación do selo editorial Ártabro, para a publicación en castelán.

É propietaria da distribuidora Consorcio Editorial Galego, que, na actualidade, distribúe o 80 % das empresas editoras galegas.

Datos de Interese

  • Ano fundación: 1990
  • Cargos directivos:
    • Directora Editorial: María Belén López Vázquez
    • Consello de Administración: María Belén López Vázquez, Xoán Miguel Pazos Castelo, Xosé Manuel López Ciprián.
  • Liña editorial: Traballar no eido da normalización lingüística e da promoción cultural no noso país.
  • Coleccións: Emocións. Toca e escoita. Aventura de vivir. Baía Verde. Baía Narrativa. Baía Branca (Poesía). Baía Teatro. Meiga Moira. Arte e escrita. Cociña. Retallos da nosa Historia. Mar de Letras. Patrimonio Cultural e Natural. Baía Pensamento. Xiz de Cor. Contos da Igualdade. Papiroflexia, xogos e maxia. Barriga Verde, Rodribico, Clasicos adaptados, Personaxes da historia, Fabulando, Contoxconto, Especialistas, Divírtete con…, O meu pequeno animalario,  Ensaio. Guías de Recursos. Manuais de Galego e Dicionarios. Textos para Primaria, ESO e Bacharelato.
  • Títulos do catálogo (papel/dixital): 700 (até decembro de 2017).
  • Prefixos do isbn: 87674, 89803, 96128, 96526, 96893, 92630, 9995
  • Linguas nas que edita: Galego
  • Distribuidores:
    •  Distribución do libro físico: Consorcio Editorial Galego, S.A. Avenida da Estación, 2536812, Redondela (Galiza)
    • Correo electrónico: pedimentos@coegal.com
    • Distribución libro dixital:
    • Distribucións Arnoia: info@ekalaki.com

Contacto:

Polígono de Pocomaco, 2ª Avenida, Parcela A2/52, 15190 A Coruña

Tl.: 981 174 296 Fax: 981 915 698

comercial@baiaedicions.gal

baiaedicions.gal

AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imaxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Send

Ó continuar navegando, está de acordo co uso das nosas cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close