+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Biblos Clube de Lectores

Biblos

O 2 de marzo do 2003 deuse a coñecer Biblos Clube de Lectores co lanzamento de 278000 exemplares do primeiro número da súa revista bimestral distribuída por todos os grandes periódicos de Galicia. A calidade dos seus contidos e deseño, obra de Xoán González, foron determinantes para cimentar unha magnífica acollida. Pasado o primeiro ano, o Clube conta con 1.400 socios dentro e fóra de Galicia que cada dous meses reciben puntual información de cantas novidades ofrecen as editoriais e a industria discográfica de Galicia, así como das películas en galego ou coa opción de audio no noso idioma. Ademais, Biblos Clube dá conta dos principais lanzamentos de libros e música no ámbito lusófono.

A revista Biblos é a base desa difusión da nosa cultura e dos seus protagonistas, e outra das importantes achegas constitúea a colección Mandaio, que publica con periodicidade bimestral obras de diferentes xéneros.

Pero Biblos, que pretende tamén ser un axente cultural activo, promoveu un gran número de actos en vilas e cidades das catro provincias nos que escritores e músicos protagonizaron presentacións, lecturas e recitais; unha exposición itinerante cos mellores debuxos humorísticos de Pinto&Chinto; un acordo coa Academia Galega do Audiovisual destinado a traballar xuntos pola promoción do libro, dos autores e dos actores; unha homenaxe a Francisco Taxes no primeiro cabodano da súa morte, coa publicación e representación do sainete inédito Caste i Albito no teatro Rosalía Castro da Coruña; os encontros «Falamos entre nós» de escritores portugueses e galegos cos lectores; e un gran premio de creación literaria para menores de 25 anos, que permitirá ao gañador ou gañadora pasar un mes nun establecemento de Pazos de Galicia, con todos os gastos cubertos, para ultimar a súa novela co asesoramento dun recoñecido profesor e escritor.

Para finalizar, a web www.biblosclube.com é outra xanela aberta na rede para a nosa cultura, que se actualizou e mellorado constantemente desde a súa apertura.

 

Datos de Interese

  • Ano fundación: 2003
  • Cargos directivos:
    • Directora: Carmela González Boo
    • Director literario: Tucho Calvo
  • Liña editorial: Biblos, máis aló da promoción do traballo editorial do conxunto da nosa industria e dos seus autores, persegue como editora recoller unha pequena mostra da nosa cultura a través dos diversos xéneros.
  • Coleccións: Mandaio. Colección XXI
  • Títulos do catálogo: 47 títulos (até decembro de 2007)
  • Prefixos do isbn:  936001, 935609, 935062, 934126, 933327
  • Linguas nas que edita: Galego e castelán.
  • Distribuidores: Distribucións Arnoia (Tel: 986 679 007)

Contacto:

Quintá Nº 8 – Mandaio Cesuras. A Coruña
CP. 15391
Telefono: 981 777 207
Fax: 981 790 039

e-mail: subscritores@biblosclube.com

AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imaxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Send