+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Elixe o teu idioma

Ediciones del Viento

Ediciones del Viento naceu no ano 2003 para ofrecer aos lectores textos esquencidos, descatalogados ou que nunca se traduciran ao castelán, de importantes autores e que estaban relacionados con viaxes e países afastados. Así foi a nosa primeira colección, Viento Simún, que hoxe está formada por máis de setenta títulos de autores como Orwell, Dos Passos, Churchill, Arguedas, Loti, Somerset Maugham e un longo etcétera. Eles constitúen un dos fondos máis importantes da literatura de viaxes na lingua española. Como complemento a esta liña editorial, en Ediciones del Viento sempre foi un obxectivo prioritario darlle saída á creación literaria do noso tempo, á narrativa de maior calidade. Así, tras apenas dous anos, creamos Viento Abierto, que se iniciou cunha escritora galega, Luisa Castro, gañadora do Premio Torrente Ballester, e continuou con grandes escritores novos e en xeral pouco publicados, pero con obras dun altísimo nivel literario. A Óscar Esquivias, Carlos Frübeck, Ana Esteban ou Esther García Llovet, uniuse un importante grupo de autores galegos: Celso Castro, José Sánchez Pedrosa, Luis Rei Núñez ou Hilario J. Rodríguez. Na actualidade, Ediciones del Viento ten un catálogo de máis de 150 títulos. Ademais, coa creación recente do portal librosinlibro.com  mantense na primeira liña das novas tecnoloxías e da edición dixital.

Datos de Interese

  • Ano fundación: 2003
  • Cargos directivos: Eduardo Riestra Rodríguez-Losada (editor)
  • Liña editorial: Narrativa, Literatura de viaxes, etc
  • Coleccións:

Viento Simún (Literatura de viaxes)

Viento Abierto (Narrativa actual)

Viento Céfiro (Non ficción)

Viento del Oeste (clásicos contemporáneos)

Tiny Tornado (infantil bilingüe inglés/catalán, galego, éuscaro e castelán)

Barracuda (literatura estranxeira)

  • Prefixos do isbn:

97884933001, 97884934060, 97884934778

97884935551, 97884969640/1/2/3/4/5/6/7/8/9,

97884937859, 97884150410

  • Linguas nas que edita:  castelán, inglés, catalán, éuscaro, galego

Contacto:

Rúa Alfredo Vicenti, 32, 9º A

15004 A Coruña

www.edicionesdelviento.es

AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imaxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Send

Ó continuar navegando, está de acordo co uso das nosas cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close