+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Ediciones Linteo

Ediciones Linteo

Ediciones Linteo que toma o seu nome da palabra latina “linteum”, ‘lenzo’ ou ‘liño’, -a súa flor é o símbolo da editorial- é unha empresa ourensá que nace co obxectivo de contribuír á difusión da cultura tanto no marco do libro como en calquera outro soporte. O valor da palabra como fonte de coñecemento, a calidade do texto e unha presentación coidada do mesmo son algúns dos aspectos que definen a liña editorial. Narrativa, poesía, tema galego e libro artístico son algúns dos eidos nos que vén proxectando a súa actividade.

Polo de agora ten abertas seis liñas editoriais: “Linteo Narrativa”, “Linteo Infantil e Xuvenil”, “Linteo Poesía”, “Font de la Cometa”, “Lintei Libri” e “Colección aberta” para temas relacionado con Galicia. A editorial ourensá arrancou co seu primeiro libro O fillo da florista. 34 retratos de Eduardo Blanco Amor, a finais de 1998, pero, en realidade, a súa actividade comeza a partir do outono de 1999.

Galicia é o referente central da Colección Aberta. Nela o lector pode atopar unha peculiar Celestina galega, A casamenteira, onde se reproduce por primeira vez o orixinal do século XIX, a Obra poética de Castor Elices, o ensaio de Carmen Blanco sobre Luz Pozo Garza, as traxedias e comedias que, baixo o amparo dos planetas Terra, Mercurio, Venus, Marte e Xúpiter (Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008) nos regala Millán Picouto, a nova versión do máxico poema de Medea en Corinto de Luz Pozo Garza, As Arpas de Iwerddon (Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2006) e por último Memoria Solar que recolle por primeira vez toda a obra publicada desta autora.

Linteo Poesía (en castelán), non pretende ser unha colección máis no sentido de que dea cabida indiscriminada a calquera tipo de poéticas. Ten, sobre todo, un sentido de “rescate” daqueles autores de probada autenticidade.

Con Font de la Cometa Ediciones Linteo trata de ampliar o seu eido editorial nunha singular liña artesanal creativa recuperando a tradición do libro de gravados.

A imaxinación, a reflexión sobre a vida… son algunhas das claves presentes en Linteo Narrativa, e Lintei Libri defínese coma unha colección miscelánea, ámbalas dúas en castelán.

Datos de Interese

  • Ano fundación: 1998
  • Cargos directivos:
    • Administrador: Manuel Ramos Méndez
  • Liña editorial: Narrativa. Ensaio. Poesía. Tema galego. Libro artístico.
  • Coleccións: Linteo Narrativa. Linteo Infantil e Xuvenil. Linteo Poesía. Colección Aberta. Font de la Cometa. Lintei Libri.
  • Títulos do catálogo: 60 (ata xaneiro de 2009)
  • Prefixos do isbn: 930058, 931893, 96067
  • Linguas nas que edita: Galego, castelán, inglés, francés, portugués, italiano e alemán.
  • Distribuidores: Latorre Literaria, SA e as súas delegacións (Tel. 91 8719372)

Contacto:

Rúa Primavera, 4

32005, Ourense

Tl. 988247864 – Fax:988247163

linteo@edicioneslinteo.com

AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imaxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Send

Ó continuar navegando, está de acordo co uso das nosas cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close