+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Elixe o teu idioma

Edicións do Cumio

Edicións do Cumio

Fundada a finais da década dos anos oitenta, esta empresa editorial mantén unha concepción aberta nas súas liñas de publicación; ademais do libro con criterio xeral, Edicións do Cumio produce xogo didáctico en cartón, cartografía, audiolibros, cd rom, discos e dvd de música e diferentes proxectos multimedia. Na edición do libro prima a súa vocación de editora xeralista que atende ás diferentes necesidades do mercado, desde os materiais complementarios do proceso educativo, ata as guías e mapas de tipo turístico e cultural (en seis idiomas diferentes), da literatura ao ensaio… cunha marcada tendencia a ser coadxuvantes no proceso de normalización lingüístico e cultural de Galicia, entendida como entidade propia e diferenciada de calquera outra das do mundo. Vontade que non nos afasta da edición de obras para outros mercados, nomeadamente para aqueles de expresión portuguesa e española.

 

Datos de Interese

  • Ano fundación: 1988
  • Cargos directivos:
    • Director xeral: Francisco Villegas.
    • Responsable multimedia: Cándido Meixide.
    • Responsable de produción: Ramón Pais.
    • Maquetación: Natalia Susavila e Rosa Escalante
  • Liña editorial: Dicionarios, Manuais para a aprendizaxe da Lingua, Etnografía, Biografías, Literatura Infantil, Xuvenil e Adultos. Guías de Turismo. Mapas e planos. Mapas mudos. Multimedia. Música. Fotografía.
  • Coleccións: Dicionarios. Ensino. Criterio. Antoloxías. Ensaio. Documenta. Textos. Mitos e Tradicións. Biografías Históricas. A Cociña. Contamoconto. Contos marabillosos. A Curuxa. Gaivota. Narrativa. Cómplice. Multimedia. Guías. Naturguías. Fotografía. Cartografía. Música.
  • Títulos do catálogo: 405 títulos (novembro 2011)
  • Prefixos do isbn:  84-8289
  • Linguas nas que edita: Galego, castelán, catalán, inglés, francés, alemán, asturianu e portugués.
  • Distribuidores:
    Arnoia Distribución de Libros
    Telf: 986 761 020
    Fax: 986 761 026
AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imaxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Send

Ó continuar navegando, está de acordo co uso das nosas cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close