+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Kalandraka Editora

Kalandraka

Co lema “Libros para soñar”, KALANDRAKA presentouse un 2 de abril -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- de 1998. O obxectivo era publicar obras da mellor calidade estética e literaria en galego para contribuír á normalización lingüística do noso país.

Dende Galicia, KALANDRAKA abríu o seu catálogo a outras falas, ata converterse nun proxecto plurilingüe que publica en galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, italiano e inglés. Na actualidade, KALANDRAKA conta con selos propios en Portugal, Italia e México. O seu catálogo está presente nos mercados hispanoamericano, anglófono e asiático.

Álbums ilustrados de creación propia, adaptacións de contos tradicionais, recuperación de clásicos da LIX de todos os tempos, libros para pre-lectores, para nenos e nenas con necesidades de apoio educativo, libros de ficción, libro-discos, poesía e arte, son as principais liñas de traballo que conforman un catálogo vivo e diverso. A aposta de KALANDRAKA polo álbum ilustrado representa o reto para acadar que texto e imaxes se fundan nunha comunicación perfecta, favorecendo que os nenos e nenas teñan a capacidade de comprender as historias mesmo antes de que aprendan a ler. Coa suma do selo FAKTORÍA K DE LIBROS, o abano de lecturas amplíase á literatura para adultos, á divulgación científica e ás publicacións singulares.

Froito do esforzo colectivo, a traxectoria de KALANDRAKA acadou numerosos recoñecementos: dende o 1º Premio Nacional de Ilustración 1999 outorgado a “O coelliño branco” (Óscar Villán) ata o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012.

A animación á lectura é outro dos piares de KALANDRAKA a través da libraría ‘Libros para Soñar’, onde se programan sesións gratuitas de contacontos, encontros con autores e ilustradores, e exposicións. Mais tamén o equipo de animación á lectura percorre escolas de toda a xeografía realizando sesións de contos e música, e obradoiros de escrita creativa.

Do compromiso de KALANDRAKA coa multiculturalidade, coa educación en igualdade, coa tolerancia e co respecto ao medio; da aposta pola animación á lectura como estratexia para estimular a imaxinación e a curiosidade dos máis pequenos; do apoio aos creadores a través da convocatoria do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado e do Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos, nace o estímulo para continuar facendo libros que seduzan, conmovan, divirtan e perduren no tempo.

Datos de Interese:

  • Ano fundación: 1998
  • Cargos directivos: Xosé Ballesteros, director
  • Liña editorial: Literatura infantil e xuvenil
  • Coleccións: Premio Compostela. Do berce á lúa. Primeiros lectores. Os contos do trasno. Demademora. Maremar. Tras os montes. Libros interactivos. Sete leguas. Libro-disco. Minilibros imperdibles. Poesía ilustrada. Lectores expertos. Leo Lionni. Biblioteca de Pedagoxía. Ciencia. Arte. Trece lúas. Tambo. Ágora K. Narrativa.
  • Títulos do catálogo: 131
  • Prefixos do isbn: 8664, 16721,
  • Linguas nas que edita: galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, inglés e italiano
  • Distribuidores: Kalandraka / Arnoia / Consorcio (Galicia); Kalandraka (Madrid); Made (Cataluña); Bitarte (Euskadi, Navarra); Troquel (Canarias); Gaia Libros (Alicante, Murcia, Albacete); Gea Llibres (Castellón, Valencia); Azeta / Centro Andaluz del Libro (Andalucía); Azeta (Extremadura); Serrano Llibres (Baleares); Ícaro (Aragón, A Rioxa); Astur Libros (Asturias, Cantabria); Terán (Castela-A Mancha); Arcadia (Castela-León) // Lectorum, La Librería, Lorito Books (Estados Unidos); Monserrate (Colombia); Liberalia (Chile); Iamiqué (Arxentina); Tecolote (México); Piedrasanta (Guatemala); Polifonía (Perú); Dinámica (Uruguay); Laboratorio Educativo (Venezuela); Celesa (Europa); Doukeisha (Xapón); Bertrand / Prodidáctico (Portugal); Kalandraka Italia / Pde Promozione / Messaggerie Libri Spa / Ceva Logistics (Italia).

Contacto:

Rúa Pastor Díaz 1, 4ºB
36001 Pontevedra (España)
Tlf.: (+34) 986 86 02 76 / 986 75 24 85
Fax: (+34) 986 10 02 80 / 986 75 23 11
editora@kalandraka.com / comercial@kalandraka.com

AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imaxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Send

Ó continuar navegando, está de acordo co uso das nosas cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close