A Editorial Galaxia presenta “Mudanzas e outros velenos”, de Marilar Aleixandre en Compostela
- O 17/01/2018
A Editorial Galaxia presenta este xoves, 18 de xaneiro, ás 20:00h, na libraría Lila de Lilith de Compostela, Mudanzas e outros velenos, o libro que reúne os tres primeiros títulos poéticos de Marilar Aleixandre. Acompañando á autora estarán a crítica e poeta Lara Rozados e o responsable de comunicación da Editorial Galaxia, Ismael Ramos.