Alvarellos Editora presenta “Universos en orden”, o xoves 2 de marzo, na facultade de Xeografía e Historia da USC
- On 01/03/2017
Froito da colaboración de Alvarellos Editora co Grupo Iacobus de Historia da Arte da Universidade de Santiago presentarán este xoves, ás 12:00h. na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia da USC, UNIVERSOS EN ORDEN, unha magna obra en dous volumes que reúne os máis recentes traballos de 54 especialistas. O acto estará presidido polo Vicerreitor de Oferta Docente, Roberto J. López López, e nel participarán o decano da facultade, Francisco Durán Villa; o director da obra José Manuel García Iglesias; a coordinadora, Carla Fernández e Henrique Alvarellos, director da editorial