Baía Edicións e A Xanela do Maxín, presentan AS AVENTURAS DE GALE o próximo 8 de abril
- On 29/03/2017
Baía Edicións e a compañía de Títeres A Xanela do Maxín presentan o próximo 8 de abril o seu espectáculo de monicreques AS AVENTURAS DE GALE, baseada na Historia da Lingua Galega. Do latín ao acento de Burgos, de Pepe Carreiro.
Presentación o día 8 de abril en dúas sesións: 12:30h. e 18:30h.
Gale conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia e traeraos ao presente mostrándolles a situación na que se atopa e a maneira na que poden axudarlle a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo.
Unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego.
Máis info: Baía Edicións