Un profesor da USC presidirá a asociación internacional de investigación sobre libro de texto e material didáctico
- On 17/09/2015
Xesús Rodríguez, profesor do Departamento de Didáctica e Organización Escolar acaba de ser elixido presidente da Asociación Internacional de Investigación sobre o Libro de Texto e Material Didáctico (IARTEM) no congreso que a entidade vén de celebrar en Berlín. Rodrígueze é docente da Facultade de Ciencias da Educación, da que tamén foi vicedecano, forma parte do grupo de investigación Stellae e do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, ademais de dirixira a Revista Galega de Educación.
IARTEM é unha das asociacións internacionais máis importantes no seu ámbito, con representantes de máis de 50 países do mundo, unidos polo interese común de promover a investigación no ámbito dos libros de texto e os materiais didácticos.