+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Toxosoutos

Toxosoutos

Editorial Toxosoutos é unha editora galega nacida para encher un espazo no mundo do libro.

Os contidos que ofrecemos son variados e amplos. Pretenden dúas cousas: cubrir as necesidades de ocio dos nosos lectores con obras amenas e dispor de traballos moi profesionais que nos dotan dunha individualidade e especialización en resposta ás nosas liñas editoriais.

A editorial Toxosoutos nace no ano 1988 coa publicación de M. Fabeiro Gómez, A freguesía de Santa Mariña do Obre, parroquia noiesa onde están situadas as instalacións, tanto da editora como de Gráficas Sementeira.

Se ben nun principio xorde coa intención de proxectar Noia e a súa riqueza artística e histórica, axiña nos absorbeu unha necesidade de compromiso co resto de Galiza. Desde os comezos entendemos que, como galegos, tiñamos que participar nesa loita pola defensa da lingua. A lingua é un dos principais, se non o máis importante, vehículo de expresión dunha cultura. Mais á parte da lingua tamén está o noso país, que deixa de ser símbolo para se converter nunha realidade do día a día. Un país que se ten que abrir, mostrarse ao mundo, procurar novas vías de comunicación e empregar as xa existentes, un pouco na idea de recoller a virtude unamuniana de, e sen ser presuntuosos, non galeguizar Europa, mais si dicirlles que tamén estamos nós.

Xa con certa bagaxe, podemos mirar atrás e lembrar aqueles que nos tempos dos soños foron colaborando de xeito desinteresado para dar realidade ao noso proxecto, infinidade de compañeiros que fixeron posible que, nesta altura, teñamos máis de 300 títulos de fondo editorial. Xente como o citado historiador M. Fabeiro Gómez, o poeta Antón Avilés de Taramancos, o profesor Xosé Agrelo, ou os non menos necesarios Paco Souto, Lois López Rico, Lola Pena e Santiago Casal, en labores de asesoramento ou xestión comercial. Desde eles ata os nosos lectores, que é o que máis nos importa, e sempre ao coidado da Cultura a Editorial Toxosoutos segue a traballar cada día para levar a cabo con éxito os seus obxectivo

 

Datos de Interese

  • Ano fundación: 1988
  • Cargos directivos:
    • Director xeral: Manuel González Millares
  • Liña editorial: Ensaio histórico. Narrativa. Poesía. Libro universitario. Ensino. Banda deseñada
  • Coleccións: Cruceiro do Rego. Divulgación. Delfín. Ensino. Fasquía. Galicia en cómic. Keltia. Nume. Seitura. Trivium. Biblioteca Filológica. Lingüística. Trasmontes. Letra Inversa. Narrativa histórica. Memoralia. Os Barbanzóns. Esmorga.
  • Títulos do catálogo: 370
  • Prefixos do isbn: 84-89129, 84-95622, 84-96259, 978-84-96673
  • Linguas nas que edita: Galego, castelán, inglés, francés e portugués.
  • Distribuidores: Consorcio Editorial Galego (Galiza); Latorre Literaria (territorio estatal)
AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imaxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Enviar

Ó continuar navegando, está de acordo co uso das nosas cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close