Kalandraka Editora na Festa dos Libros de Pontevedra
- O 20/06/2018
O sábado 23 ás 11:30 horas Marga Tojo presenta CARA DE VELOCIDADE, a obra coa que gañou o X Premio Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos.
Daremos pasos de xigante a carón dunha superheroína moi especial, mentres escoitamos unha escolma de poemas na voz de lectores pequenos e maiores.
Será un recital participativo e performático no que a autora galega -que despois asinará exemplares no espazo da Libraría Seijas- irá debullando o sentido das súas composicións.
E o domingo 24 a partir do mediodía celebraremos os 20 anos de traxectoria de KALANDRAKA cunha sesión de contacontos e música a cargo de Bea Campos e Manuel Pombal.
Os Libros para soñar máis emblemáticos conformarán un repertorio a base de cancións para os máis cativos, os contos tradicionais, obras de creación, poesía e clásicos contemporáneos.
Diante dunha celebración tan importante para a editorial, non faltarán a emoción e as sorpresas.