Kalandraka Editora presenta “O que eu creo (de todo)”, de Jordi Sierra I Fabra, na Coruña
- O 26/02/2019
O escritor Jordi Sierra i Fabra presentará a súa nova novela xuvenil, “O que eu creo (de todo)”, este mércores ás 19:00 horas na FNAC (Praza de Lugo, s/n) da Coruña.
O escritor, que publicou a súa nova novela xuvenil en KALANDRAKA,vén de ser nominado por terceira vez ao Premio Hans Christian Andersen
Neste encontro cos lectores, no que estará acompañado pola xornalista Alba Porral, dialogará sobre as preocupacións dos adolescentes a través da figura ficticia dun rapaz que quere ser escritor.