Kalandraka Editora presenta “Tempo Transfigurado”, de Cesáreo Sánchez Iglesias, en Vigo
- O 16/01/2018
Kalandraka Editora presenta este xoves 18, ás 20:00 h., Tempo Transfigurado, de Cesáreo Sánchez Iglesias, na Libraría Cartabón, de Vigo. O poemario está publicado na colección Tambo, do selo Faktoria K de Libros.
A presentación será un recital aberto ao público no que o autor estará acompañado pola escritora Ledicia Costas e polo director de Tambo, Luís Rei Núñez. Os 70 poemas deste libro están inspirados nas melodías doutros tantos compositores de moi diversas cronoloxías e estilos. Paralelamente, o poeta evoca a pegada das persoas amadas e que tamén o amaron, facendo de Tempo transfigurado un crisol de sentimentos e de sensacións pasadas.