Presentado o programa venres nas librarías
- O 02/10/2015
Foi presentado o programa da nova edición de Venres nas librarias, unha actividade que contará con máis 80 actos en librerías galegas durante os meses de outubro e novembro. Librarías, editoriais e administración acordaron unha programación que vai levar a numerosos autores a encontrarse co público lector. Venres nas librarías chegará aos concellos de Vigo, Ourense, Lugo, Moaña, Santiago de Compostela, A Coruña, Narón, Foz, Lalín, Cee e Sanxenxo a través de encontros en librarías como Trama, Aenea, Nós, Couceiro, Káthedra, Cartabón, O Pontillón, Andel, Andel, Suévia, Day, Pedreia, Bahía, Librouro, Vagalume e Ler.
Os sábados, o programa infantil
Como novidade nesta segunda edición, a programación ampliarase tamén aos sábados, con actividades dirixidas ao público máis novo e que xirarán arredor de obras como ‘O valente coello que quixo soñar’, de Miguel Ángel Alonso, publicado por Nova Galicia Edicións; ‘Alegría!’, de Sérgio Tannus, ‘Unha viaxe polo mundo’, de Maimiñas, ou ‘Un conto do revés’, de Fran Amil, editados por Galaxia.
#andeldoagasallo, o libro galego tamén nas redes
Os encontros cos libros tamén terán lugar nas redes sociais, a través do concurso ‘Andel do agasallo’. Cada semana, as persoas que participen deberán adiviñar, mediante diversas pistas, de que libro se está a fala. O premio será un exemplar dese título.
O concurso realizarase a través das contas de Twitter @conscultura co hashtag #andeldoagasallo e de Facebook (www.facebook.com/CulturaGalegaXunta).