Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021
- O 15/05/2021
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2021. Nunha cerimonia que recuperou a presencialidade dos finalistas e retransmitida para o público, entregáronse os premios Follas Novas do Libro Galego, uns premios que acadaron este ano a sexta edición na que estrearon nova denominación. A gala foi conducida por Quico Cadaval coa participación do cuarteto de saxofóns da Banda Municipal de Música de Santiago. Os premios están organizados pola Federación de Librarías de Galicia, a Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega e a Asociación Galega de Editoras. Esta edición estivo patrocinada polo Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Cultura da Deputación da Coruña e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO).
Ler Máis