Urco Editora presenta “Xandra a Landra que quería voar” e “A Brétema”
- O 01/02/2018
Urco Editora presenta Xandra, a Landra que quería voar, de Mercedes Queixas e A Brétema, de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018, o sábado 3 de febreiro, ás 12:30h, na libraría Paz de Pontevedra.
No acto de presentación, Mercedes Queixas contará a historia da landra soñadora e as ilustradoras das obras farán un pequeno obradoiro para os nenos e as nenas que queiran asistir.