Xerais convoca os seus premios literarios
- O 11/01/2019
Un ano máis Xerais convoca os seus Premios Literarios.
A 36ª edición do Premio Xerais de Novela dotado con 10.000 euros.
A 34ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil dotado con 10.000 euros.
A 11ª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil dotado con 10.000 euros.
O veredicto do xurado coñecerase o 7 de xuño e a entrega dos galardóns terá lugar no mes de outubro cos libros xa editados.
Para máis información, consulta as bases dos tres premios na ligazón https://www.xerais.gal/premios.php