
11 de novembro. Día das Librarías
- O 11/11/2022
O 11 de novembro consolídase como o Día das Librarías. Durante toda a xornada, ofreceranse actividades extraordinarias nos establecementos libreiros, punto de encontro e de fomento da lectura, coa esperanza de que as lectoras e os lectores se acheguen, para recargarse mutuamente de enerxía e contribuír a un comercio sostible de proximidade.
Nos últimos anos, TodosTusLibros.com, a web das librarías independentes con locais de proximidade, consolidouse como unha alternativa ás grandes plataformas.