11 de novembro. Día das librarías
- O 10/11/2021
O ilustrador sevillano Guridi foi o encargado de recoller nesta ilustración o ideario da undécima edición do Día das Librarías, que a partir de agora fixa a súa data no calendario cada 11 de novembro.
A campaña deste ano pon o acento nas librarías, na súa capacidade de resistencia, de adaptación e de atracción de lectoras e lectores coas súas recomendacións, ademais da súa atención personalizada. Nun mundo dirixido cada vez ao algoritmo e aos monopolios, deféndese o contacto humano e a diversidade, tanto de librarías como de lectoras e lectores.
Máis info.: https://www.diadelaslibrerias.es/presentacion/