
17 de decembro, Día da Edición e nacemento de Ánxel Casal
- O 17/12/2020
17 de decembro de 2020.- Hoxe celebramos o Día da Edición en Galicia porque un 17 de decembro coma hoxe, de 1895, nacía na Coruña Ánxel Casal, artífice do primeiro proxecto editorial moderno do país, a editorial Nós. Da súa imprenta saíu a Revista Nós da que este ano se conmemoran 100 anos da súa creación.