
17 DE DECEMBRO. DÍA DA EDICIÓN
- O 17/12/2022
Na conmemoración do nacemento de Ánxel Casal, 17 de decembro, celebramos o Día da Edición, e lembramos de xeito especial os selos pioneiros Nós, Lar e Céltiga, neste ano en que se cumpriron os 100 de edición moderna en Galicia.
Hai xusto un século, editores como Xaime Quintanilla en Ferrol, e Ánxel Casal e Leandro Carré na Coruña e Compostela, puxeron en marcha, por vez primeira, innovadores proxectos editoriais. Tiñan como obxectivo conquistar amplos públicos lectores, para o que se deseñaban capas atractivas, se poñían en marcha coleccións temáticas, e se elaboraban estratexias de mercado e publicidade. Foi o nacemento do libro galego moderno.