
17 editoriais asociadas á AGE participan na feira Culturgal, con stand propio e cun amplo programa de actividades
- O 22/11/2022
- Do 24 ao 27 de novembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, a Feira das Industrias Culturais CULTURGAL, acolle un amplo programa de actividades profesionais e para o público xeral.
- Edicións Fervenza, Antela Editorial, Baía Edicións, Patas de Peixe, Tulipa Editora, Cuarto de Inverno, Kalandraka, Editorial Alvarellos, Editorial Bululú, Triqueta Editora, Edicións do Cumio, Hércules de Ediciones, Aira Editorial, Edicións Embora, Irmás Cartoné, Xerais e Galaxia, no Programa Libro da Culturgal.
- A feira organizada pola Asociación Culturgal –integrada polas asociacións representativas do sector cultural de Galicia: EGANET, AGEM, AGAPI, Escena Galega e AGE–, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra e Concello de Pontevedra.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022.- Do 24 ao 27 de novembro, 17 editoriais asociadas á AGE participan con stand propio na Feira das Industrias Culturais CULTURGAL, e cun amplo programa no Espazo Libro e Infantil.
Edicións Fervenza, Antela Editorial, Baía Edicións, Patas de Peixe, Tulipa Editora, Cuarto de Inverno, Kalandraka, Editorial Alvarellos, Editorial Bululú, Triqueta Editora, Edicións do Cumio, Hércules de Ediciones, Aira Editorial, Edicións Embora, Irmás Cartoné, Xerais, e Galaxia organizaron senllas actividades para o PROGRAMA LIBRO DA CULTURGAL:
Venres 25 novembro
19:00 Presentación. ‘As Herbas de San Xoán’, de Silvia Domínguez. Patas de Peixe Editora. Presentación do libro coa autora, que contará rituais e aspectos antropolóxicos, e a editora Laura Sáez.
20:00. Conversa: ‘Lixeiro’ e ‘Non penses nun elefante rosa’. A xeración millennial na literatura. Xerais. Con Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por ‘Lixeiro’, e Antía Yáñez, autora de ‘Non penses nun elefante rosa’.
Sábado 26 novembro
12:30. Presentación. ‘Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural’. Kalandraka Editora. Edítase o libro coa historia completa do grupo Chévere. Unha crónica da vida cultural e escénica en Galicia durante máis de tres décadas e constitúe unha anti-historia cultural da cidade de Santiago de Compostela. Con Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, Manuela Rodríguez e Xosé Ballesteros. Con linguaxe de signos.
13:00. Conversa: ’50 anos de poesía e compromiso con Helena Villar Janeiro’. Editorial Galaxia. Conversa da autora con Francisco Castro, director xeral de Galaxia.
13:30. Premios: “Novos temas na literatura xuvenil: conversa entre as gañadoras dos premios Jules Verne 2021 e 2022”. Xerais. Con Rocío Leira, autora de ‘Cicuta para dous’ (Premio Jules Verne 2022), e Berta Dávila, autora de ‘Un elefante na sala de estar’ (Premio Jules Verne 2021).
14:00. Conversa: ‘Vixiade as vosas costas’. Editorial Galaxia. Conversa sobre novela negra cos autores Diego Giráldez, autor de ‘O meu sangue’, e Javier Fraiz, autor de ‘Morte no espello’, coordinados por Marcos Calveiro, director de edicións da Editorial Galaxia.
17:00. Premio: ‘A poesía nos Premios Merlín’. Xerais. Con Anxo Iglesias, autor de ‘Unha nova dimensión’ (Premio Merlín de Literatura Infantil 2022) e Eduard Velasco, autor de ‘Animalario de ler a diario’ (finalista en 2021).
17:30. Presentación: ‘A comuna de Valdonelle’ de Carlos Neira Suárez. Edicións Fervenza. Libro gañador do Concurso “Balbino” de Relatos.
18:30. Premios. Unha Galaxia de Premios. Editorial Galaxia. Conversa entre Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa por ‘As malas mulleres’, Ignacio Vidal Portabales, Premio García Barros 2022 por ‘Illas remotas’, e Irene Regal Jul por ‘O libro dos corazóns rotos’, con Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia.
19:00: Presentación. ‘Rewind’ de Juan Tallón. Kalandraka Editora. Juan Tallón debulla as claves de ‘Rewind’, a edición da súa novela en galego: unha combinación fascinante de ficción e realidade con múltiples voces e unha historia complexa.
19:30. Premios: “Berta Dávila e María Solar, dúas escritoras para dous Premios Xerais”. Con María Solar, autora de ‘A Culpa’ (Premio Xerais 2022) e Berta Dávila, autora de ‘Os seres queridos’ (Premio Xerais 2021).
Domingo 27 novembro
11:30. Premios: Fallo da V edición do Premio María Vitoria Moreno de Literatura Xuvenil. Concello de Pontevedra e Cuarto de Inverno.
13:00. Conversa: “20 anos da catástrofe do Prestige”. Editorial Galaxia. Conversa entre Xosé Manuel Pereiro, autor de ‘Tal como foi, tal como fomos’, e Santi Domínguez, autor de ‘Cando choran as Cíes’, con Francisco Castro, director xeral de Galaxia.
13:30. Versos e ilustracións: CRIPTOGRAFÍAS. Alvarellos Editora. Presentación do libro de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos, cos autores e o editor Henrique Alvarellos.
17:00. Coleccións: A obra de Neira Vilas adaptada á Lectura Fácil. Xunta de Galicia e Editorial Galaxia. Presentación dos libros da colección Lectura Fácil: ‘Memorias dun neno labrego’, de Xosé Neira Vilas adaptado por Lucía Gómez Álvarez, e ‘Espantallo amigo’, do mesmo autor, adaptado por Desirée Silva Bernárdez e ilustrado por Xaquín Marín. Con Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia.
18:30. Presentación. ‘AUTOBIOGRAFÍA CUANTIFICADA ou qué difícil é ser María Meijide’. Tulipa Editorial. Con María Meijide, Isabel Patiño e Carlos Cartoné.
19:40. Presentación: ‘Azucre’ de Bibiana Candia. Kalandraka Editora. Bibiana Candia comparte as claves de Azucre, a edición en galego da súa exitosa novela: unha viaxe, baseada en feitos reais, que recupera un período escuro da nosa historia e que se suma á colección Kalandraka+. Coa autora e o ilustrador Xosé Cobas.
A feira CULTURGAL está organizada pola Asociación do mesmo nome, integrada polas asociacións representativas do sector cultural de Galicia: EGANET, AGEM, AGAPI, Escena Galega e AGE. As entidades que forman a Asociación Culturgal compartirán por primeira vez un stand conxunto.
A feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontevedra.
PROGRAMACIÓN ESPAZO LIBRO WEB CULTURGAL: https://www.culturgal.com/programa
DESCARGA A PROGRAMACIÓN INFANTIL: https://www.culturgal.com/static/themed/culturgal/docs/2022-programa-infantil.pdf
MÁIS INFORMACIÓN: CULTUR.GAL