
23 de febreiro. Día de Rosalía
- O 23/02/2023
Hoxe, 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón agasallar cun libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
O sábado 25 de febreiro, lerase o Manifesto da AELG, a cargo de Carme Adán, no marco do acto central do Día de Rosalía de Castro, que acolle o Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remite a concellos, asociacións e centros de ensino.
O cartel pode ser descargado en formato pdf aquí, e en png aquí.