
23 de xullo, Día do Libro. Mergúllate na lectura!
- O 23/07/2020
Hoxe, 23 de xullo, o sector do libro únese para celebrar un Día do Libro moi especial e recuperar así unha conmemoración, a do 23 de abril, que tivo que ser suspendida, desde o punto de vista comercial, pola pandemia da COVID-19. Hoxe, o público lector terá a oportunidade de gozar de múltiples actividades nas librarías e beneficiarse de ata un 10% de desconto pola compra de libros.