
- O 29/07/2020
O Consello da Cultura Galega publicou hoxe os resultados do primeiro Barómetro da Cultura Galega, un amplo estudo que analiza o impacto da pandemia da Covid-19 no ámbito das empresas culturais galegas e cuxos datos revelan o forte impacto da pandemia no emprego e na facturación.
A partir dun universo de 1318 empresas, o Observatorio da Cultura Galega do CCG deseñou unha mostra de 300 que abarcan catro grupos principais dentro das diferentes actividades empresariais da cultura. Entre o 2 e o 13 de xullo de 2020 realizáronse 303 entrevistas. O Consello da Cultura Galega realizará un seguemento de periodicidade semestral que permita actualizar os datos en virtude da cambiante situación da crise sanitaria e as accións levadas a cabo pola administración.
Máis información: Culturagalega.gal
Descarga o Barómetro