A AGE e CEDRO organizan o seminario web «Editor/a, protexe as túas obras con SAR»
- O 18/02/2021
A Asociación de Editora Galegas (AGE) organiza, xunto con CEDRO, o seminario web «Editor/a, protexe as túas obras con SAR», que será impartido por Pedro Sánchez, xefe do Departamento de Socios da entidade CEDRO.
O servizo SAR identifica contido de obras a través da comparación de pegadas dixitais para facilitar a obtención dos usos reais que se realizan no ámbito dixital e axuda de maneira substancial á protección das obras contra a piratería.
A sesión é gratuíta e está dirixida ás editoriais asociadas á AGE. Levarase a cabo dende a plataforma Zoom o mércores, 3 de marzo, ás 17 horas
Imaxe: sebra – Fotolia.com