A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS COLABORA COA FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ PARA OFRECER CURSOS DIRIXIDOS A PROFESIONAIS DA EDICIÓN
- O 24/09/2024
- Xa lograron un título oficial máis de 2.700 profesionais do sector do libro.
- A formación de PARIX está a cargo de líderes en cada campo profesional, é gratuíta e conséguese un certificado universitario.
- A partir do 23 de setembro a plataforma PARIX ofrece máis de 30 cursos
AGE e FGSR inician unha colaboración para ofrecer formación gratuíta e especializada no sector do libro a través da plataforma PARIX. Máis de 2700 profesionais do sector xa lograron un título oficial -certificado universitario- cunha oferta formativa impartida por líderes do campo profesional cunha oferta de máis de 30 cursos gratuítos. A partir do 23 de setembro estarán dispoñibles cursos coma estes:
- FEIRA DE FRANKFURT E XESTIÓN INTERNACIONAL DE DEREITOS
- PRODUCIR E VENDER LIBROS PARA PÚBLICO XUVENIL
- PROCESOS EDITORIAIS CON CRITERIOS DE SOSTIBILIDADE MEDIOAMBIENTAL
- INTELIXENCIA ARTIFICIAL PARA PROFESIONAIS DO LIBRO
- DEREITOS DE AUTORÍA PARA O MUNDO DO LIBRO
- IMPRESIÓN BAIXO DEMANDA
Os cursos son de balde e con certificado oficial
A inscrición é rápida e sinxela
Selecciona os cursos: https://parix.es/category/cursos/