
A Asociación Galega de Editoras lamenta profundamente o pasamento de Alfonso García Sanmartín
- O 27/10/2022
Alfonso García Sanmartín, quen fora fundador e director da editorial Rodeira (Edebé), é membro de Honra da Asociación Galega de Editoras, presidira a AGE entre o ano 2006 e o 2011. Centrara a súa actuación nas bases para unha maior profesionalización, coa creación e a potenciación da Culturgal, do Clúster do Libro, e na internacionalización da Asociación.
Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca, incorpórase ao Colexio Fogar de Santa Margarita da Coruña no ano 1970, no que exerceu primeiro como profesor e posteriormente como director, e foi pioneiro na implantación de diferentes plans de innovación pedagóxica.
Actualmente era vicepresidente da Confederación Española de Centros de Ensino (CECE), unha organización empresarial do sector educativo que reúne a miles de centros privados e concertados do Estado.