
A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS OFRECERÁ UN SERVIZO DE ASESORAMENTO EN DEREITOS E CONTRATACIÓN ÁS ASOCIADAS
- O 09/02/2021
- O servizo de asesoramento estará relacionado coa contratación, negociación e internacionalización dos proxectos editoriais, a cargo de Asterisc Lab, en colaboración con CEDRO
- As editoriais asociadas disporán deste servizo gratuíto a partir do 1 de marzo
Santiago de Compostela, 09 de febreiro de 2021.- A Asociación Galega de Editoras e a axencia literaria Asterisc Agents – Asterisc Lab (Fishing Talent SL) veñen de asinar un contrato para ofrecer ás editoriais asociadas á AGE un servizo de asesoramento gratuíto para consultas relacionadas coa contratación, negociación e internacionalización dos proxectos empresariais.
Asterisc Lab asesorará ás empresas editoras asociadas en todas aquelas cuestións relacionadas coa contratación, negociación e internacionalización dos proxectos empresariais das asociadas á AGE e outras cuestións que poidan xurdir. O tipo de consulta que poderán facer as empresas asociadas á AGE será arredor das casuísticas puntuais arredor da INTERNACIONALIZACIÓN DOS PROXECTOS EDITORIAIS:
- Consultas relacionadas coas feiras internacionais de libros
- Consultas sobre o funcionamento internacional de compra e venda de dereitos de explotación de libros.
- Consulta sobre materiais, catálogos e web enfocados á internacionalización dos contidos
CONTRATACIÓN EDITORIAL:
- Consultas sobre cláusulas concretas dun contrato nacional ou internacional
- Consultas sobre o funcionamento da contratación no estranxeiro
- Consultas sobre conceptos de contratación (formatos, explotación, cesións…) As consultas poderán adaptarse aos cambios do sector, por cuestión de formatos, mercado internacional e/ou outros.