A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS RECOÑECE O TRABALLO E DEDICACIÓN DE MANUEL BRAGADO
- O 13/04/2018
Santiago de Compostela, venres 13 de abril de 2018.- A comisión executiva da Asociación Galega de Editoras desexa facer público o recoñecemento ao traballo e a dedicación de Manuel Bragado Rodríguez como editor de Xerais e director xeral desa empresa ao longo de 24 anos.
Lembramos con agarimo que presidiu durante os anos 2010 a 2014 a nosa asociación, que tamén foi presidente do Culturgal, e que sempre estivo ao servizo do sector editorial galego, implicado de forma xenerosa na defensa da cultura do noso país.
Desexámoslle todo o mellor para a nova andaina que agora inicia, co convencemento de que seguiremos contando co seu bo facer desde calquera dos eidos culturais ou educativos que a partir de agora emprenda.
Foto: arquivo da AGE