
A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS RENOVA O SERVIZO GRATUÍTO DE ASESORAMENTO EN DEREITOS E CONTRATACIÓN PARA ASOCIADAS
- O 28/01/2022
- O servizo de asesoramento está relacionado coa contratación, negociación e internacionalización dos proxectos editoriais, a cargo de Asterisc Lab, en colaboración con CEDRO.
- As editoriais asociadas disporán deste servizo gratuíto ata o 31 de decembro.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2022.- A Asociación Galega de Editoras e a axencia literaria Asterisc Agents – Asterisc Lab (Fishing Talent SL) veñen de renovar o contrato para ofrecer ás editoriais asociadas á AGE o servizo de asesoramento gratuíto sobre contratación, negociación e internacionalización de proxectos empresariais.
Asterisc Lab asesorará ás empresas editoras da AGE en todas aquelas cuestións relacionadas coa contratación, negociación e internacionalización dos proxectos empresariais, e outras que poidan xurdir.
Tipos de consultas:
INTERNACIONALIZACIÓN DOS PROXECTOS EDITORIAIS:
- Consultas relacionadas coas feiras internacionais do libro
- Consultas sobre o funcionamento internacional de compra e venda de dereitos de explotación de libros
- Consulta sobre materiais, catálogos e web enfocados á internacionalización dos contidos
CONTRATACIÓN EDITORIAL:
- Consultas sobre cláusulas concretas dun contrato nacional ou internacional
- Consultas sobre o funcionamento da contratación no estranxeiro
- Consultas sobre conceptos de contratación (formatos, explotación, cesións…) As consultas poderán adaptarse aos cambios do sector, por cuestión de formatos, mercado internacional e/ou outros
Máis información: s.tecnica@editorasgalegas.gal