
A editorial Bululú presenta “Historias de Mentes”, de Arantza Portabales
- O 16/12/2020
Os días 18 e 19 de decembro Arantza Portabales presenta Historias de Mentes, editada por Bululú e con ilustracións de Javier Zabala. O 18 de decembro a autora estará na libraría Lume da Coruña, ás 18:30h. Á mesma hora do 19 de decembro a autora asinará exemplares da obra na libraría Cronopios de Compostela.