A EDITORIAL BULULÚ PRESENTA “NACIÓN MAR”, NA CORUÑA
- O 12/05/2021
A editorial Bululú presenta Nación Mar, de Xosé Iglesias o xoves 13 de maio, ás 20h. en Amigos dos Museos de Galicia (Portas Ártabras, Rúa Sinagoga, 22 baixo, 157001, A Coruña)
Nación mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia. As súas fermosas evolucións ilustradas transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións.
Máis info: https://www.editorialbululu.com/producto/nacion-mar/