A editorial Bululú presenta “Nación Mar”, na Coruña
- O 05/05/2021
A editorial Bululú presenta Nación Mar, de Xosé Iglesias. O autor asinará exemplares na libraría Sisargas da Coruña (Rúa San Roque, 7) o venres 7 de maio, ás 19:30h.
Nación mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia. As súas fermosas evolucións ilustradas transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións.
Máis info: https://www.editorialbululu.com/producto/nacion-mar/