
A Editorial Galaxia presenta o poemario “Humanario”, de Pilar García Rego, no Carballiño
- O 23/07/2021
O sábado 24 de xullo celebrarase, ás 13 h, na Praza de Abastos do Carballiño, a presentación do poemario Humanario, de Pilar García Rego, publicado na colección Dombate de Editorial Galaxia, dentro do ciclo “A poesía era A-quilo”. Acompañará á autora o poeta Quico Valeiras.
Máis información: https://editorialgalaxia.gal/produto/humanario/