A Editorial Galaxia presenta “Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo” en Vigo
- O 12/12/2018
A Editorial Galaxia presenta este venres, 14 de decembro, ás 20:00h, no Auditorio do Areal de Vigo o volume Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo. No acto, organizado pola Deputación de Pontevedra e o Club Faro do Faro de Vigo intervirán, algunha das autoras: a xuíza Paz Filgueira, a profesora Ana Fresco, a funcionaria Sarai González, a matrona Susana Igrexas,a escritora Inma López Silva, a estudante Sandra Núñez e a periodista Susana Pereira. Acompañándoas estarán a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a editora de Galaxia Malores Villanueva.