A EDITORIAL GALAXIA PUBLICA “NOTAS SOBRE A EXTINCIÓN”, DE MARTA DACOSTA
- O 20/07/2021
A editorial Galaxia publica “Notas sobre a extinción”, de Marta Dacosta. Un poemario que nace da capacidade de asombrarnos e descubrirmos a fermosura das pequenas cousas, de comprobar, unha vez máis, que a poesía é quen de borrar os límites do tempo e o espazo e de fixar, coma unha alfaia imprescindíbel, cada unha das palabras que nos construíron e nos negamos a perder.
Poesía-antídoto. Poesía-paz.Contemplar e reconciliarnos coa vida. Descubrir que a beleza aínda é posíbel. Retela canda nós.
https://editorialgalaxia.gal/produto/notas-sobre-extincion/