A Editorial Galaxia publica “O maio”, de Curros Enríquez, en formato álbum ilustrado
- O 16/03/2022
A ilustradora Blanca Millán converte o poema de Curros Enríquez nunha festa visual delicada, chea de lirismo e pracer estético.
Os versos de Manuel Curros Enríquez conxúganse á perfección coas cores, cheas de vida e diversión, de Blanca Millán. Esta é unha aposta de Galaxia por amosar da maneira visual unha das obras máis importantes da nosa literatura.
O texto, que pertence á edición da “Poesía galega completa”, de Curros Enríquez, en edición de Carlos Casares (Editorial Galaxia, 1992), está dedicado a todas as aldeas que loitan para manter vivas as tradicións, e aos cativos que gozan delas. A obra de Curros caracterízase polo compromiso social e o anticlericalismo, sempre cun profundo civismo e coherencia ideolóxica.
Un libro imprescindible para que as nenas e os nenos coñezan un poema esencial de nós.