
A Fundación Cuatrogatos premia «Miña Guía, Meu Capitán» e «Mientras tú duermes», de KALANDRAKA
- O 29/01/2021
A Fundación Cuatrogatos premia «Miña Guía, Meu Capitán» e «Mientras tú duermes», de KALANDRAKA
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021.- Os álbums ilustrados «Miña Guía, Meu Capitán», de Gonzalo Moure e Maria Girón, e «Mientras tú duermes», de Mariana Ruiz Johnson, recibiron o prestixioso Premio Fundación Cuatrogatos 2021 de literatura infantil e xuvenil. Entre os finalistas figura «Sete chaves para abrir os soños», de Alfredo Gómez Cerdá e David Pintor. O poemario «Arbolidades» de David Hernández Sevillano -XII Premio Orihuela- con ilustracións de Maite Mutuberria é un dos cen títulos recomendados nesta edición do certame. Os 20 títulos premiados foron seleccionados entre 1.194 obras publicadas por 182 editoriais de 16 países
Outros títulos de Triqueta Verde, Kalandraka e da Editorial Bululú, na listaxe de finalistas e dos libros recomendados
De Kalandraka Editora tamén foron distinguidos «Sete chaves para abrir os soños» e «Arbolidades» como finalista e libro recomendado, respectivamente.
Triqueta Verde co título «Un fermoso ovo branco», de Paula Carballeira e Miguel Cerro, e a editorial Bululú, con «Coidado coa charca», de José Carlos Román e Emilio Urberuaga entran na listaxe dos libros recomendados.
Máis información:
https://www.kalandraka.com/blogk/post/premios-fundacion-cuatrogatos-2021
https://cuatrogatos.org/blog/?p=7698
https://www.cuatrogatos.org/docs/premio4g/premio4gyear_28es.pdf