A internacionalización do libro galego
- O 22/08/2018
A Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Asociación Galega de Editoras, organiza a xornada A Internacionalización do Libro Galego, dirixida ás empresas editoras que desexen iniciar ou afondar no proceso de proxección exterior e de comercialización. Celebrarase no Auditorio do CCG, en Compostela, o vindeiro 26 de setembro.
O obxectivo do encontro é adquirir información sobre as oportunidades de negocio no exterior a través das principais feiras internacionais e das experiencias de éxito dos gremios e editoras e, establecer contactos con destacados representantes das feiras internacionais do libro coa finalidade de iniciar o proceso de internacionalización.
Máis información e inscricións: consellodacultura.gal
Imaxe: CCG